martes, 3 de octubre de 2017

Becas da Fundación Amancio Ortega para estudar en Canadá ou Estados Unidos 1º bacharelato no curso 2018-2019

O Programa de Becas da Fundación Amancio Ortega está dirixido a estudantes de 4º de Educación Secundaria Obligatoria. Este Programa convoca un total de 500 becas para estudar un ano académico equivalente a Primeiro de Bachillerato en Canadá ou Estados Unidos. 

A beca cobre o 100% do custo do curso escolar: viaxe, taxa de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e o apoio continuado durante os dez meses de estancia.
  • 80 becas dirixidas a estudantes de centros de Galicia para estudar Primeiro de Bachillerato en Canadá e Estados Unidos.
  • 420 becas dirixidas a estudantes de centros do resto das Comunidades Autónomas para estudar Primeiro de Bachillerato en Canadá e Estados Unidos.
Prazo de envio de solicitude:s do 2 de outubro ata 20 de novembro de 2017
(apertura e peche ás 13:00 horas, horario peninsular).

Requisitos:
  • Estudar actualmente 4º de ESO nun centro educativo en España e ter pasaporte español.
  • Ter unha nota media superior de 7,  e  unha nota en inglés igual ou superior a 8 en 3º de ESO. 
  • Non haber estudado un ano académico no estranxeiro con anterioridade,  dunha experiencia académica igual ou superior a seis meses (1º , 2º e 3º de ESO).
  • Enviar en plazo o formulario on line con toda a documentación requerida.


Información sobre o proceso de participación:
                    - info@becas.faortega.or

                    - Teléfono de atención: 900 103 651      

 Máis información: https://becas.faortega.org/

lunes, 2 de octubre de 2017

Aúdalle fronte ao acoso escolar. Guía para as familias.

A Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia publica unha Guía para  asesorar ás familias ante o acoso escolar.

Esta guía servirálle ás familias como folla de ruta, cunhas pautas sinxelas que poderán por en marcha.

viernes, 1 de septiembre de 2017

Formación Profesional: Ciclos e módulos con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera

Formación ProfesionalAberto o período extraordinario de presentación de solicitudes de setembro ata o día 8 ás 13:00 horas. Coa finalidade de axudar na toma de decisións das persoas interesadas en facer solicitudes destas ensinanzas no período extraordinario, facilítanse listaxes informativas cos seguintes datos:
Listaxes separadas por réxime, modalidade e grao; ordenadas por provincia, concello e centro dos ciclos e módulos de formación profesional que teñen prazas dispoñibles e non teñen listaxe de espera.
Estas listaxes teñen unha finalidade exclusivamente informativa. Foron xeradas o 1 de setembro e con posterioridade os datos poden variar puntualmente debido á resolución de reclamacións e recursos ou ao proceso de matriculación da 1ª adxudicación extraordinaria.
Lémbrese que nas solicitudes do período extraordinario de setembro pódese solicitar calquera centro, ciclo ou módulo que figure na oferta educativa de formación profesional (consulte Oferta de FP), pero na adxudicación sempre teñen preferencia as solicitudes realizadas no mes de xullo (período ordinario de admisión) que permanecen en listaxe de espera sobre calquera solicitude realizada no período extraordinario de solicitudes de setembro.
Atención: Non son listaxes de ciclos e módulos con matrícula liberada. Para acceder é necesario participar no proceso de solicitudes de setembro.
 Réxime ordinario
 Réxime para as persoas adultas
Modalidade presencial
Modalidade distancia
Fonte
http://www.edu.xunta.es/fp/

lunes, 12 de junio de 2017

Admisión a ciclos formativos 2017-2018. Calendario. Oferta de FP

Calendario de admisión a ciclos formativos de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos. 



SOLICITUDE: hai que cubrila na web na seguinte ligazón: Solicitude web. Logo de realizada a solicitude, a aplicación informática xera un impreso con instrución individualizadas para cada solicitante. 


OFERTA: Nas seguintes ligazóns podes atopar para o curso 2017/2018 a oferta de ciclos formativos polo réxime ordinario —grao profesional básico, grao medio e grao superior—, a oferta modular polo réxime de persoas adultas nas modalidades presencial e a distancia, e a oferta de prazas da formación profesional dual.
 Réxime ordinario, grao profesional básico, grao medio e grao superior:
 Réxime das persoas adultas na modalidade presencial (oferta modular):
 Réxime da persoas adultas na modalidade a distancia (oferta modular):
 Oferta de prazas para formación profesional dual:

MAIS INFORMACIÓN:
   
          Instrucións xerais do proceso de admisión

          Instrucións xeral de admisión 

          Admisión a ciclos formativos de grao medio 


          Admisión a ciclos formativos de grao superior

          Folletos de cada familia profesional


 FONTE: http://www.edu.xunta.es/fp/

viernes, 9 de junio de 2017

Prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2017/18.

A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2017/18.
Alumnado que no curso académico 2017/18 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.
Requisitos:
A persoa solicitante deberá reunir os seguintes requisitos: 
1. Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 desta orde no curso 2017/18. 2. Non repetir curso. Excepcionalmente, por causas debidamente xustificadas, a comisión de valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento deste requisito, á vista da proposta que efectúe o centro residencial e do informe da Inspección educativa. 3. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite, por algunha das condutas gravemente prexudiciais para a convivencia descritas no artigo 15 da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, e no capítulo II do Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, que a desenvolve.


Requisito de renda da unidade familiar:
A adxudicación de praza de residencia será gratuíta: 
1. Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2 fixado polo Real decreto 293/2016, do 15 de xullo, do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, polo que se establecen os limiares de renda e patrimonio familiar e as contías das bolsas e axudas ao estudo para o curso 2016/17 (Boletín Oficial del Estado núm. 171, do 16 de xullo). 
2. Cando se trate de alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades: 
a) Ata un 10 %: 551,99 €. 
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 846,45 €. 
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.340,98 €. d) Máis do 30 %: 2.019,17 €.  
O pagamento desta cantidade poderá fraccionarse ata un máximo de 3 prazos trimestrais, que deberán facerse efectivos antes do inicio do respectivo trimestre.
Prazos:
O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será: 
1. Para os solicitantes matriculados en Bacharelato ata o 16 de xullo de 2017 (este incluído).
2. Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos ata o 8 de agosto de 2017 (este incluído).

Presentación de solicitudes 
1. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro residencial docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Máis información:
ORDE do 31 de maio de 2017 pola que se convocan prazas de residencia noscentros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudospostobrigatorios non universitarios no curso 2017/18.
nos CRD:

miércoles, 7 de junio de 2017

Premios extraordinarios da ESO 2017

Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios. Cada premio estará dotado con 750 €

Requisitos de participación Poderá optar aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico o alumnado que reúna os seguintes requisitos:
1. Ter cursado durante o ano académico 2016/17 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de de Galicia (DOG do 29 de xuño).
4. Non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da citada lei e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado mediante o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, conforme o artigo 10.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse o día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o día 7 de xullo de 2017.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede. xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Máis Información: