lunes, 20 de marzo de 2017

Programa intensivo de inmersión lingüística en inglés

O Ministerio de Educación convoca 2.400 bolsas para a estanza e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, durante o mes de xullo de 2017.
    Requisitos:
    a) Ter nacido entre o 1 de xaneiro de 1997 e o 31 de decembro de 2000 e estar matriculado no curso 2016-2017 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
    Bacharelato
    Ensinanzas profesionais de música e danza
    Grao medio de Formación Profesional
    Grao medio de artes plásticas e deseño
    Grao medio de ensinanzas deportivas
    Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
    b) Ter obtido no curso 2016-2017 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación
    c) Ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7,50 puntos na asignatura de inglés.
     Contía da axuda.
    A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos de participación no curso, con excepción de 100 € e os gastos de desprazamento ao Centro, que serán por conta do participante.
    solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.
    prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 20 de abril de 2017.
    Máis información no BOE do 16 de marzo de 2017 e en http://educacion.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/idiomas.html

    domingo, 19 de marzo de 2017

    BOLSAS CURSOS DE INGLÉS EN IRLANDA


    V Convocatoria das Bolsas Eurolingua que permitirán a mozos e mozas galegas realizar un Curso de inglés de dúas semanas de duración en Irlanda este verán de forma completamente gratuita
    A idade mínima son 14 anos e a nota mínima requerida para optar ás bolsas son 6 puntos de media no expediente académico.
    Das 20 bolsas convocadas, resérvanse a lo menos 10 para mozos e mozas de institutos galegos.

    Requisitos:
    -Idade. Nacer con anterioridade ao 31 decembro de 2002.
    -Nacionalidade. Ter nacionalidade de calquera país da UE.
    -Estudos. Estar matriculado neste ano escolar 2016-17 nalgún destes estudos : Bacharelato, ESO, Formación Profesional ou Titulación Universitaria regrada (masters e doutoramentos incluídos) en calquera punto de España.
    -Media do expediente académico de polo menos 6 puntos, aos que se aplicará o correspondente coeficiente corrector en función dos estudos.






    martes, 7 de marzo de 2017

    Campus Científicos de Verán 2017

    O Ministerio de Educación convoca 1.920 axudas para participar no ano 2017 no Programa «Campus Científicos de Verán» para alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.
    Os Campus terán lugar do 2 ao 29 de xullo de 2017, en catro quendas de 7 días de duración cada un, de domingo pola tarde a sábado a mediodía.
    Requisitos:
    Ter nacido con posterioridade ao 31 de decembro de 1999.
    Estar a cursar, no ano académico 2016-2017 1º de Bacharelato da modalidade de Ciencias, ou 4º de ESO na opción de ensinos académicos cursando as materias troncais de "bioloxía e xeoloxía" e "física e química" ou na opción de ensinos aplicados cursando as materias troncais de "ciencias aplicadas á actividade profesional" e "tecnoloxía", 
    Ter unha nota media no curso escolar 2015-2016 igual ou superior a 8 puntos.
    Quendas:
    Primeira quenda: Estudantes de 1º de Bacharelato. Do 2 ao 8 de xullo.   
    Segunda quenda: Estudantes de 1º de Bacharelato. Do 9 ao 15 de xullo. 
    Terceira quenda: Estudantes de 4º de ESO. Do 16 ao 22 de xullo. 
    Cuarta quenda: Estudantes de 4º de ESO. Do 23 ao 29 de xullo.
    Os proxectos ofertados, enmarcaranse nalgunha das áreas científicas: física, química, matemáticas, ciencias naturais e medioambientais e nas súas disciplinas asociadas.
    Proxectos  e universidades que colaboran:
    Universidade Autónoma de Madrid, Universidade de Almería, Universidade de Burgos, Universidade de Cádiz, Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Extremadura, Universidade de Granada, Universidade Jaume I de Castellón, Universidade das Palmas de Gran Canaria, Universidade de Oviedo, Universidade Politécnica de Cartaxena, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Sevilla, Universidade de Valencia e Politécnica de Valencia e Universidade de Vigo.
    As solicitudes deberanse cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da dirección electrónica www.campuscientificos.es
    O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 24 de marzo de 2017.


    lunes, 27 de febrero de 2017

    Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016 destinadas a alumnado de ESO e bacharelato.

    Prazo:  dende o 28 de febreiro o 27 de marzo (incluído)

    Requisitos: a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia. 

    b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2015/16. 

    c) Ter acadado no curso 2015/16 e na área ou materia de lingua inglesa, unha cualificación mínima de Ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato. 

    d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade. e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. 

    f) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en adiante DNI), número de identidade de estranxeiro (en adiante NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de DNI, farase constar, como DNI identificativo, o DNI do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.

     Solicitudes e presentación:

    1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 

    2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    Acceso ao texto da Orde de convocatoria

    Acceso ao cartel informativo

    Acceso á guía para cubrir a solicitude (aplicación axudasle)

    A información e aplicación "en liña" atoparase na páxina web:  http://www.edu.xunta.es/axudasle.

    sábado, 11 de febrero de 2017

    Convocatoria Beca Benjamin Franklin 2017


    A Embaixada dos Estados Unidos en España selecciona un estudante español, andorrano ou residente en España ou Andorra para participar no Instituto de Verán Benjamin Franklin, un programa financiado polo Departamento de Estado dos Estados Unidos para promover as relacións entre as novas xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos e crear conciencia dos valores que comparten. 

    Requisitos dos solicitantes:

    · Ter entre 16 e 18 anos no momento do inicio do programa en Estados Unidos. É dicir, ter nacido entre o 24 de xuño de 1998 e o 24 de xuño de 2001.

    ·  Certificación académica de ter acadado unha nota mínima de 7.5 no seu expediente académico nos dous últimos cursos.
    · Ter acadado unha nota de sobresaliente na materia de inglés nos dous últimos cursos.
    ·  Participación en actividades de voluntariado e/ou proxectos de servizo comunitario.

     Data límite de recepción de solicitudes: Venres, 24 de febreiro de 2017, ás 18h.